Presentación do libro «Ficcionario»

Presentación do libro «Ficcionario»

Gran acollida na Biblioteca Municipal da presentación do libro «Ficcionario» de Fran Guede

O pasado venres 7 de xuño, Fran Guede presentou na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín o libro «Ficcionario», con textos propios e ilustracións de Alberto Carballo.

A obra da editorial Autografía está dirixida a todos os membros da familia, tanto pais coma nenos. O autor define o seu libro do seguinte xeito: «Ficcionario, naceu un día no que as verbas que atopaba no dicionario – guerra, fame, xenofobia…- non me gustaban, e decidín facer un que tivera unhas palabras máis fermosas».

A presentación tivo a cálida acollida de máis de 40 nenos e nenas, que xunto aos seus pais quixeron amosar o seu apoio ao profesor do Colexio Amaro Refojo de Verín.

Esta presentación foi o colofón das actividades de Fomento á Lectura que organiza a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín no curso 2018/2019.

PoemameMix por José Luis Regojo

19 junio, 2019

Presentación de 'Memoria de mujeres', de Ingrid Blasco

19 junio, 2019

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *